DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Para fillos e fillas dos membros da comunidade universitaria

O rocódromo do campus acolle ata abril cursos de iniciación á escalada

Cun custe de 10 euros ao mes, as clases serán os sábados pola mañá

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 22/01/2019

No marco do convenio de colaboración asinado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte co Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, o rocódromo do campus de Vigo acollerá nos vindeiros meses un curso de iniciación á escalada. O obxectivo é achegar á comunidade universitaria a este deporte, poñendo á súa disposición tanto as instalacións como o material e os coñecementos precisos para iniciarse na súa práctica. As clases están destinadas ás fillas e fillos dos membros da comunidade universitaria, entre os 12 e os 16 anos e desenvolveranse durante os meses de febreiro, marzo e abril todos os sábados de 11.30 a 13.30. O prezo da actividade é de 10 euros por persoa e mes. Nas xornadas, os rapaces e rapazas participantes adquirirán coñecementos básicos que lles permitan iniciarse na práctica da escalada en rocódromo, tomar contacto co material preciso, coñecer as medidas de seguridade, as técnicas, os tipos de ancoraxes e os agarres cos que contan as paredes do rocódromo.

O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición está aberto dende o día 15 de xaneiro para todas e todos os interesados.

Máis información