DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Eva Ortega-Paíno coñeceu o centro e reuniuse cos seus responsables

A secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades visita o CINBIO

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Visitas
  • Institucional
DUVI 05/09/2024

Eva Ortega-Paíno, secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, visitou este mércores o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO. 

A súa visita arrancou asistindo a unha breve presentación do centro para despois manter unha xuntanza cos membros do equipo directivo. Posteriormente, acompañada polo xefe do Gabinete Técnico da Secretaría General de Investigación, Fernando Escobar, realizou un percorrido polos diferentes laboratorios deste centro de investigación. Ambos, acompañados polo director do CINBIO, Miguel Correa, tiveron a oportunidade de coñecer de preto o traballo desenvolvido por grupos como o de Química Orgánica (ORCHID), o de NanoBioMateriais Funcionais (FunNanoBio), o TeamNanoTech, o grupo de Nanomateriais Híbridos, Inmunoloxía ou Neurocircuits.

Correa amosábase “moi agradecido” por esta visita “que nos permitiu amosar tanto o enorme potencial como as necesidades dun centro de investigación como o noso".