DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Segunda vitoria da tempada para o Universidade de Vigo de Rugby

Ante o Oviedo por 5-28

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Romina Vázquez DUVI 26/11/2007

Universidade de Vigo de Rugby e Oviedo enfrontáronse esta fin de semana na cidade asturiana nun partido importante para ambos equipos, necesitados de puntos por atoparse nos últimos postos da táboa. O encontro estivo dominado en todo momento polos homes de Babini que, pese a acudir ao enfrontamento con varias baixas e perder a Diego por unha lesión na primeira metade, xa gañaban no descanso por 5-15 e remataron o partido cunha vantaxe de 23 puntos.
A clave do éxito residiu no bo xogo levado a cabo pola dianteira viguesa, destacando os ensaios de Iván Martínez e de Chuki, así como as transformacións e tres golpes de castigo transformados por Arri. A isto hai que engadir a correcta arbitraxe do colexiado vasco Sr. Ruiz.
O equipo vigués tivo na súa alineación a Iñaki, Rodrigo, Gastón, Josemari, Lobón, Amorín, Diego, Xose, Arri, Luis, Alberto, Chuki, Xispo, e a Cachopo, que contaron coa entrada en distintos minutos de David Pintado e Raúl.