DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A seguridade informática para Pemes, obxectivo dunhas xornadas

Na Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
Romina Vázquez DUVI 29/10/2007
Entre 100 e 150 membros de empresas viguesas de diversos sectores acudirán este martes ás “Xornadas de Sensibilización en Seguridade Informática para a Peme” organizadas por Inteco, Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación, en colaboración co INEO, Asociación de Tecnoloxía e Informática de Galicia. Precisamente esta entidade, con sede en Vigo, foi a encargada de buscar a cooperación da Universidade para desenvolver este acto na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica, xa que “é preciso contar cun salón de actos de gran aforo tralo éxito obtido na pasada edición celebrada na Coruña”, segundo afirma Antonio Rodríguez, representante de Inteco.
O obxectivo é sensibilizar ó sector Peme en materia de Seguridade da Información, contando con relatorios sobre as ameazas ás que se enfrontan en temas de seguridade informática e as posibles ferramentas para combatelas. Ofrecerase unha completa visión do asunto, tanto dende o aspecto legal como dende a parte do negocio.
As xornadas son de carácter gratuíto e, ó finalizar, os participantes recibirán un certificado de asistencia.