DUVI

Diario da Universidade de Vigo

"The Sunday Drivers" abre a programación cultural para o segundo cuadrimestre

Cun concerto con Teatro Vidal Bolaño

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
Romina Vázquez DUVI 27/02/2008
Tiny Telephone, Little Heart Attacks e Time, Time, Time son os traballos que o grupo The Sunday Drivers trouxo ao Teatro Vidal Bolaño para abrir a programación cultural que a Universidade ten elaborado para o segundo cuadrimestre. O quintento, orixinario de Toledo, presentouse ante o numeroso público congregado no escenario do campus vigués con temas como Paranoid, estrela do seu último disco, Do it e Tiny Telephone, de albums anteriores, que despertaron o entusiasmo dos asistentes.
O grupo, que xa conta con seguidores fieis, atópase no seu mellor momento tras converterse nunha banda de culto en festivais como o FIB de Benicassim. Así, é habitual velos en escenarios de países como Bélxica, Alemaña, Suíza ou Francia, tocando algunhas das súas pezas máis recoñecidas. Mentres, en España comparten escenario con grupos como Wilco ou Paul Weller.

Próximas actuacións

A programación cultural prevista para este cuadrimestre mistura a música de bandas de primeira liña do panorama internacional e o mellor teatro, tanto de rúa como de escenario. No ámbito musical, os seguintes invitados para actuar no campus son Sr. Chinarro e Radio Dept, aos que lle toca a quenda o vindeiro 9 e 10 de abril, respectivamente.