DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Suspendida a conferencia de Alejandro Pizarroso prevista para hoxe en CC.Sociais

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Académica
DUVI DUVI 25/02/2008

Un accidente doméstico sufrido na fin de semana, obrigou á suspensión do relatorio que Alejandro Pizarroso tiña previsto ofrecer esta tarde na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na que o catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid, ía falar sobre as diferenzas e semellanzas entre a propaganda electoral dos Estados Unidos e España.

O relatorio queda aprazado ata que se confirme a total recuperación de Pizarroso que xa no ano 2003 participara na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación na inauguración do congreso Comunicación e Guerra na Historia.
Alejandro Pizarroso que compaxina a docencia co traballo como vicedecano de Títulos Propios, é autor de obras como Historia de la propaganda, notas para un estudio de la propaganda política y de guerra ou Información y poder.