DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Lagartija Nick presentou o seu último traballo

O Teatro Vidal Bolaño vibrou cos acordes de El shock de Leia

Ectoplasma precederon aos granadinos no escenario

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
DUVI DUVI 15/11/2007

Decenas de persoas tiveron ocasión de disfrutar nas últimas horas no Teatro Vidal Bolaño da música de Lagartika Nick, no concertp no que a banda granadina presentou o seu último traballo El shock de Leia. Nunha nova sesión do ciclo Sonora 07, a banda de Antonio Arias estivo precedida sobre o escenario polo grupo Ectoplasma que lidera Nico Pastoriza.

Case dúas décadas sobre os escenarios

A forza das cancións, cunha instrumentación máis básica, dota ao último traballo de Lagartija Nick dunha maior enerxía no son. Segundo o propio grupo El Shock de Leia, que nas últimas horas era presentado no campus vigués, "é un disco máis irreflexivo, máis descarado e máis punk, que traballos anteriores" e todo elo na xa longa traxectoria dunha banda que neste momento se define como "pop con pinceladas de punk ou punk con pinceladas de pop".Con diferentes integrantes, pero sempre co vocalista Antonio Arias á cabeza, Lagartija Nick, leva no panorama musical español desde os 90. Case dúas décadas nas que a banda granadina explorou diferentes camiños na música con proxectos tan personais como Omega, xunto a Enrique Morente ou La guerra de los mundos.

Peche á edición de inverno de Sonora cun documental de Leonard Cohen

A homenaxe ao músico canadense Leonard Cohen pecha este xoves o ciclo Sonora 07. A proxección, por primeira vez en Galicia, do documental de Lian Lunson “Leonard Cohen I’m your man” porá un broche de ouro á edición de inverno do Sonora. Antes da proxección deste documental, Sonora organiza un concerto con grupos locais que, ao igual que no filme, se encargarán de versionar cancións do músico. Nicolás Pastoriza, Apenino e Colectivo Oruga serán quen de levar ao seu estilo os temas de Cohen.
O espectáculo comezará ás 17.00 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria.