DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A contía das axudas oscila entre os 400 e os 100 euros

Últimos días para a presentación das axudas á investigación en lingua galega

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
DUVI 26/10/2007
Mª del Carmen Echevarría | Vigo
O martes 30 de outubro remata o prazo de presentación de solicitudes ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega das teses de doutoramento, teses de licenciatura, traballos tutelados de investigación de terceiro ciclo e dos traballos e proxectos de fin de carreira.
Ás axudas poden acceder estudantes que realicen a redacción e defensa, dos traballos antes citados, en lingua galega durante o ano 2007, aínda que nesta convocatoria tamén se inclúen as solicitudes que foron presentadas no último trimestre do 2006 e non foron incluídas na resolución de xaneiro deste ano.
Unha convocatoria coa que a Universidade de Vigo reafírmase nun dos seus obxectivos, recollido tanto nos seus Estatutos, como no Plan de Política Lingüística: a promoción da lingua galega nas actividades de formación e de investigación.

Condicións e contía das axudas

As tese, teses de licenciatura, traballos de investigación tutelados de terceiro ciclo ou traballos / proxectos fin de carreira estarán redactado en lingua galega de acordo coa normativa ortográfica e morfolóxica actual.
A contía das axudas, as que non poderá concorrer estudantes de Filoloxía Galega e Tradución e Interpretación, varían entre os 400 euros para as teses de doutoramento e os 100 para os traballos ou proxectos fin de carreira.
As bases completas da convocatoria poden consultarse en:

 

http://anl.uvigo.es/?p=32

A Universidade de Vigo, por medio da Área de Normalización Lingüística, ofrece apoio lingüístico e informativo a todos os interesados en redactaren e defenderen a tese de doutoramento, a de licenciatura, o traballo de investigación tutelado de terceiro ciclo ou o traballo/proxecto de fin de carreira en lingua galega.