DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha selección virtual na que se pode participar ata o luns 20 de maio

A Universidade busca estudantes para protagonizar a próxima campaña de publicidade

Etiquetas
  • Estudantes
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantes
DUVI 15/05/2019

A Universidade busca estudantes que queira ser os protagonistas da nova campaña publicitaria da institución. Como cada ano, a UVigo lanzará na recta final do curso unha proposta promocional destinada á captación de novo alumando para o próximo ano académico e para iso, contará co propio alumnado das diferentes titulacións e campus como actores e actrices, para que sexan elas e eles mesmos a imaxe da Universidade. A proba ten un formato virtual e todas e todos os que queiran presentarse poderán facelo antes do luns 20 de maio enviando unha mensaxe privada a través da redes sociais da Universidade de Vigo (Facebook, Twitter e Instagram) que se inclúa nome e apelidos, a titulación que se cursa, unha foto e un número de teléfono de contacto. 

A gravación terá lugar no campus de Pontevedra este luns día 20 e precísanse estudantes para a rodaxe no estudio de televisión e na cabina de radio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na Facultade de Ciencias de Educación e Deporte en horario de mañá e na Casa das Campás pola tarde. O martes a rodaxe trasládase ao campus de Vigo, para o que se precisan figurantes na EE de Telecomunicación en horario de mañá e na Biblioteca Central pola tarde. En Ourense gravaranse pezas para a campaña a seguinte semana, concretamente o día 30.