DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A Universidade decide suspender a celebración do seu patrón, San Tomé

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Premios
  • Reitor
  • Saúde
  • Institucional
DUVI 26/01/2021

Aínda que a Universidade de Vigo tiña previsto manter a celebración do seu patrón, San Tomé de Aquino, para este xoves 28 de xaneiro e facelo de xeito virtual, finalmente, decidiuse suspender o acto. Esta decisión vén derivada das novas medidas decretadas onte luns pola Xunta de Galicia e o agravamento da situación sanitaria.

Deste xeito, o que iba a ser o primeiro acto institucional de San Tomé en liña na UVigo suspéndese e, con el, a entrega de distincións académicas, entre elas os Premios extraordinarios de grao, os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de máster na Universidade de Vigo, os Premios á excelencia académica para alumnado que inicia estudos de grao na Universidade de Vigo no curso 2020-2021 e os Premios á excelencia académica para alumnado que inicia estudos de mestrado na Universidade de Vigo no curso 2020-2021. 

En todo caso, na Universidade de Vigo será festivo o venres 29 de xaneiro, data na que as instalacións dos tres campus permanecerán pechadas.