DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na quinta xornada da Liga

O Universidade de Rugby enfróntase ao Gernika coa baixa de Boulin

Etiquetas
  • Vigo
  • Deportes
Mª del Carmen Echevarría DUVI 16/11/2007

O Gernika R.T, será o rival do Universidade de Vigo na quinta xornada de Liga que se disputará no campo de Lagoas Marcosende este domingo ás 12.00 horas.
Despois de lograr a pasada fin de semana a súa primeira vitoria da tempada, o equipo vigués intentará manter a boa racha, aínda que para elo terán que facer fronte a baixa de Santiago Boulin.O arxentino sofre un problema de xeonllo que incluso podería facer que perdese toda a tempada o que suporía un importante contratempo para o equipo xa Boulin, a pesar da súa xuventude, é unha garantía nos lanzamentos a paus.
O feito de que o Gernika R.T.sexa neste momento o terceiro clasificado fai que o partido se presente complicado para os vigueses que aínda así non descartan dar a sorpresa.

Pola súa banda o equipo B xoga o sábado pola tarde en As Pontes, mentres que o xuvenil xogará tamén o sábado pola tarde en Ourense.