DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Preto de 300 pinturas, esculturas e gravados conforman o Museo de arte da UVigo

A Universidade de Vigo reúne legado artístico e creatividade nun museo virtual

Co obxectivo de difiundilo entre a comunidade universitaria e a sociedade 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 17/03/2026

Artistas consagrados como Antón Pulido, Francisco Leiro, Manolo Moldes, Xaime Quessada ou Acisclo Manzano e outros noveis, son os e as autoras das preto de 300 obras de pintura, escultura, gravado e fotografía, e ás que tamén se sumarán vídeos, instalacións e audios, que integran a día de hoxe o Museo de arte da Universidade de Vigo. Localizadas ao aire libre, en escolas e facultades e en edificios administrativos dos tres campus, as 287 obras que integran esta recompilación do patrimonio artístico da UVigo nunca antes foran reunidas nun repositorio dixital co dobre obxectivo de, por unha banda, agrupalas, neste caso nunha páxina web, e pola outra, dalas a coñecer á comunidade universitaria e á sociedade. 

A vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, foi a encargada este martes de dar a coñecer os detalles desta iniciativa, que partiu da súa vicerreitoría, aínda que tomando a remuda dunha acción similar posta en marcha no campus de Ourense en 2014 e para a que foi preciso actualizar, mellorar e completar a documentación fotográfica. Un proceso, no que destacou a impliación dos técnicos de Cultura dos campus de Vigo, Alfonso Caride, e de Ourense, Filemón Rivas, e para o que se contactou con centros e servizos da UVigo solicitándolles información sobre  obxectos patrimoniais de interese, contratándose ademais ao docente da UVigo e especialista en Historia da Arte Jorge Varela, que reformulou a ficha técnica e realizou as fotografías que se atopan na web

“Mauvi, Museo de arte da Universidade de Vigo, pretender ser un recurso accesible, claro que permita á comunidade universitaria, pero tamén á sociedade coñecer o noso patrimonio”, explicou Susana Reboreda, que tamén destacou que máis aló do valor material que poidan ter as obras que o integran, cómpre destacar “ a súa variedade e a diversidade de orixe das pezas”. 

Unha colección viva e "unha peza do mes"

Sumándose a outras institucións académicas que contan con museos de arte, a UVigo decidiu poñer en marcha o seu organizando as obras que o integran nun repositorio virtual que inclúe filtros que permiten realizar buscas por palabras clave, campus, tipoloxía da obra e coleccións, que inclúen obras, por exemplo das galerías de reitores ou decanos e decanas, dos concursos de intervención artística ou dos premios de pintura e fotografía ou da sala Alterarte. 

O dinamismo é unha das características deste museo, cunha colección aberta e viva á que vaian incorporando pezas ao longo do tempo. “É unha ferramenta viva que polo de agora inclúe pezas dos campus de Vigo e Ourense e á que se incorporarán en breve as do de Pontevedra”, detallou Susana Reboreda. 

Así mesmo, a web do Museo tamén inclúe unha “peza do mes”, encargada a unha persoa coñecedora da obra elixida e á que se lle dará difusión a través da web e de redes sociais. “Comezamos coa obra de Silverio Rivas que se atopa á entrada do campus de Vigo, Horizonte para o sol, e o encargado de analizala Jorge Varela