DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Celebrado esta pasada fin de semana en Pozuelo de Alarcón

A UVigo acada dúas medallas de bronce no Campionato de España Universitario de Loita

Obtidas polos estudantes do campus de Pontevedra Saúl Bello Álvarez Bronce e Aimara Osco Abreu

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 29/04/2025

O equipo da Universidade de Vigo regresou do Campionato de España Universitario de Loita celebrado esta pasada fin de semana en Madrid con dous bronces para Saúl Bello Álvarez e Aimara Osco Abreu. 

O campionato celebrouse o día 25 no centro deportivo de la Universidad Francisco de Vitoria (UFV), en Pozuelo de Alarcón, en el participaron 23 universidades de nove comunidades autónomas e preto dun cento de loitadores e loitadoras. 

Aimara Osco, estudante do Grao en Educación Primaria no campus de Pontevedra, fíxose co bronce na categoría -59 kg, mentres que Saúl Bello, do grao en Ciencias da Educación Física e do Deporte, acadou tamén o bronce en -80 kg. Ao día seguinte Bello participou en Valencia coa selección española no Torneo Internacional  de Jóvenes promesas de Loitas Olímpicas na categoría de -70kg, no que se proclamou gañador.

Na clasificación xeral do CEU, a Universidade de Murcia alzouse coa medalla de ouro, mentres que as dúas medallas de bronce individuais obtidas polos dous estudantes do campus de Pontevedra serviron para colocar a UVigo no oitavo posto da clasificación xeral por universidades.