DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No campionato celebrado en Alcalá de Henares

A UVigo acada por terceira vez na súa historia o bronce por equipos e colleita cinco metais no CEU de Taekwondo

Desirée Rivadulla e Lois Tomás gañaron o ouro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 05/05/2025

Dúas medallas de ouro, unha en en combate categoría feminina +73 kg, e outra en masculina -63 kg; unha de prata en combate, categoría feminina -62 kg e dúas de bronce en combate, categoría feminina -46 kg e -67 kg é o balance de metais acadado polo equipo da UVigo que participou esta pasada fin de semana no CEU de Taekwondo. Con estes resultados, as e os deportistas da institución académica viguesa acadaron no pavillón polideportivo do campus externo da Universidad de Alcalá de Henares, o terceiro posto da clasificación por equipos dun total de 40 institucións participantes. A Universitat Autònoma de Barcelona proclamouse campioa por equipos da competición, na que a Universidad Católica de Murcia foi segunda.

Con estes resultados a UVigo consegue o bronce na clasificación xeral do CEU de Taekwondo por terceira vez na súa historia, sumando máis dun cento de metais acadados desde 1997.

Catro metais femininos e un masculino

Desirée Rivadulla, estudante da Facultade de Fisioterapia do campus de Pontevedra, acadou o medalla de ouro en combate, categoría +73 kg, mentres que Lois Tomas, alumno de Educación Primaria, fixo o propio en combate, categoría -63 kg.

Pola súa banda, Tania López, estudante do grao en Administración e Dirección de Empresas conseguiu a medalla de prata en -62 kg, mentres que Aitana Fariña, alumna do grao en Fisioterapia, e Catia García, alumna do grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, acadaron cadansúa mella de bronce en -46 kg e -67 kg.

O equipo da UVigo que competiu neste CEU completárono Nuria Cernadas, Tudor Ciobanu, Beatriz Felpeto, Lucas Martínez, José Carlos Novoa, Adrián Pan e Iria Rodríguez.