DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A galardoada foi Noelia González Ballesteros

A UVigo entrega un patinete eléctrico á gañadora do sorteo da enquisa sobre mobilidade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Medio Ambiente
  • Premios
  • Institucional
DUVI 16/07/2026

O pasado mes de marzo, a Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade puxo en marcha unha enquisa dirixida á comunidade universitaria para coñecer como o alumnado, o persoal invsetigador e o persoal de administración e servizos realizan os seus desprazamentos e colaborar así no cálculo da pegada de carbono e na mellora das políticas de mobilidade nos vindeiros anos. Esta sondaxe, na que tamén se convidaba a empregar e valorar o vehículo autónomo que conecta distintos edificios do campus de Vigo, tiña premio, xa que a Vicerreitoría quixo incentivar a participación co sorteo dun  patinete eléctrico entre as persoas que cubrisen o cuestionario. 

Rematado o período de participación, a Universidade, agora a través da nova Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade acaba de facer entrega deste vehículo de mobilidade autónoma á súa gañadora: Noelia González Ballesteros.

O acto de entrega tivo lugar no edificio Miralles coa participación do vicerreitor David Álvarez González; o director da Área de Prevención e Mobilidade, Roberto Silva e o técnico da Oficina de Medio Ambiente, Sergio Ramos.