DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O reitor e a presidenta da asociación asinaron un convenio marco de colaboración

UVigo e Inventiva alíanse a prol do desenvolvemento do talento de nenas e nenos con altas capacidades 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 01/04/2022

Preto de 60 de familias, con case 100 nenos e nenas en idade escolar, integran na actualidade Inventiva, a asociación de nenos con inquedanzas intelectuais, altas capacidades, talentos simples ou complexos. Nacida co obxectivo de axudar a cubrir as necesidades dos cativos que precisan unha estimulación diferente, así como o acompañamento ás familias neste proceso, a presidenta de Inventiva, Patricia Pérez Alonso, asinou un convenio marco co reitor da UVigo, Manuel Reigosa, coa finalidade de “achegarlle ás nenas e nenos ás posibilidades que a Universidade lles pode ofrecer para canalizar as súas capacidades intelectuais”.

Obradoiros, charlas formativas para pais e nais e asesoramento psicopedagóxico para as familias que o precisen, son as principais actividades que desenvolve Inventiva, que procura, a través do convenio marco asinado coa UVigo, que os nenos e nenas con altas capacidades poidan coñecer os laboratorios e instalacións onde o persoal investigador da Universidade desenvolve o seu labor, así como descubrir as diferentes especialidades que se imparten e mesmo establecer unha mentorización que permita “que os nenos e nenas poidan desenvolver as súas capacidades e mesmo f0mentar vocacións”, sinala Patricia Pérez.

O convenio marco asinado entre a UVigo e Inventiva ten unha duración de catro anos.