Acadaron un 3º posto en Montmeló, un 4º en Assen e 7º en Sïlverstone
UVigo Motorsport presenta en Zona Franca os resultados do UM24
O Consorcio volverá patrocinar a escudaría, que xa traballa no UM25
Unha representación da escudaría UVigo Motorsport presentaba nas últimas horas ao delegado do Estado da Zona Franca os resultados acadados o pasado verán polo UM24 nas probas nas que tomou parte o monopraza da Universidade de Vigo. David Regades compartiu cos integrantes da escudaría as históricas marcas conseguidas en Montmeló, un terceiro posto; en Assen (Países Baixos), cuarto e en Silverstone (Reino Unido), sétimo, polo noveno monopraza deseñado e construído polo estudantado da Universidade de Vigo.
David Regades trasladou aos e ás integrantes de UVigo Motorsport os parabéns polos éxitos acadados e amosou o orgullo “polo talento, a innovación e o potencial de universitarios como vós que nos fan ser optimistas e ter moita confianza no futuro. O delegado do Estado en la Zona Franca, unha das entidades patrocinadoras do vehículo, lembrou que “o Consorcio caracterízase, precisamente, por apoiar as grandes ideas marcadas pola innovación e que as enxeñarías son unha parte esencial do noso músculo económico. Para Zona Franca, este apoio é un exemplo de colaboración entre os novos investigadores e a industria da comarca e supón un importante xermolo de novos empresarios do sector da automoción no que somos líderes”.
Os traballos do UM25 xa comezaron
80 estudantes de diferentes titulacións que se imparten na UVigo integraron a escudaría do UM24, que tomou parte nas probas celebradas en tres circuítos nacionais e internacionais, nas que se valoraron diferentes aspectos do monopraza relacionados coa innovación, o deseño e o funcionamento.
Unha nova escudaría traballa xa no UM25, que volverá a contar co apoio de Zona Franca, e para deseñar e construír o monopraza que fará o número 10 na historia de UVigo Motorsport “con obxectivos aínda máis ambiciosos, logo dos éxitos acadados este ano”, aseguran os integrantes do equipo.