DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A Biblioteca Rosalía de Castro estrea recuncho temático

Unha ventá aberta á literatura estadounidense

O seu obxectivo é dinamizar os fondos do centro e fomentar a lectura

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 19/10/2018

A literatura estadounidense é a protagonista do no novo recuncho temático da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense. No espazo habilitado na entrada do centro, as e os seus usuarios pode levar emprestado libros que teñen en común pertencer ao acervo literario dese país. O obxectivo da iniciativa, froito do traballo das e dos técnicos da biblioteca, é dinamizar os fondos dispoñibles e fomentar a lectura entre o público.

“A escolma que ofrecemos é moi ampla, aínda que nos centramos en autores e autoras dende o século XIX ata a actualidade”, apuntan desde a organización do recuncho. Así, a selección feita abrangue dende case os inicios ata a literatura máis recente, visibilizando obras de xéneros e autorías moi diversas. Emily Dickinson, TS Elliot, Herman Melville, Walt Whitman, Poe, John dos Passos, Hemingway, e John Steinbeck son algúns das e dos escritores que protagonizan o espazo. Nel pódese coller obras “dos grandes do xénero policial”, como Dashiell Hammett ou Raymond Chandler; de “representantes da literatura sureña”, como William Faulkner e Truman Capote, ou “da xeración Beat, como Allen Gingsberg, William Burroughs e Jack Kerouac.