DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Será do 17 ao 19 de novembro no Teatro Afundación Vigo

Volve a Vigo o Festival Internacional de Cine Submarino

En 2020 tivera que suspenderse debido á pandemia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 05/11/2021

A pandemia impediu que puidese levarse a cabo no 2020, pero, afortunadamente, a mellora da situación sanitaria permite xa que este outono regrese a Vigo o Festival Internacional de Cine Submarino, unha cita que este ano alcanza a súa trixésima edición, converténdose así nunha das actividades máis emblemáticas da programación cultural da Universidade de Vigo.

Organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria coa colaboración de Afundación, o ciclo celebrarase do 17 ao 19 de novembro no Teatro Afundación de Vigo, con sesións a partir das 20.00 horas e entrada libre ata completar a capacidade da sala. Como xa é habitual proxectaranse algunhas das mellores producións mundiais de cine submarino, centrándose, nesta ocasión, na divulgación científica arredor do mar e os obxectivos da Axenda 2030. Ao igual que nas edicións anteriores despois de cada proxección celebrarase un debate no que participarán destacados investigadores e investigadoras, documentalistas e especialistas en divulgación mariña. 

A programación completa da XXX Semana Internacional de Cine Submarino presentarase en rolda de prensa nos vindeiros días.