DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Un xantar cómico no Centro Comercial

La Máscara ofreceu un espectáculo interactivo de mimo e humor

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
DUVI DUVI 22/11/2007

Unha nariz de paiaso e moito sentido do humor. Estas son as ferramentas de traballo de La Máscara que foron suficientes para arrancar moitas gargalladas entre plato e plato na súa actuación destes xoves no Centro Comercial de Cidade Universitaria.
Dentro da programación de teatro de rúa da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes, La Máscara animou o xantar aos asistentes co seu espectáculo Marcelopuntomime. Detrás do seu nome artístico está Marcelo González, considerado como un dos mellores mimos dos seu país de orixe, Arxentina. Sen máis axuda ca da sua nariz vermella de paiaso conseguir captar a atención dun público moi colaborador que riu coa pantomima, e interaccionou coas bromas e imitacións. Marcelopuntomime resultou ser unha mestura de diversión, mimo, ritmo e sorpresa na busca da reacción do público, que pasa a formar parte do espectáculo.
Especialista nestas artes do mimo e o humor, La Máscara contou ao longo da súa vida con algúns dos mellores mestres. A súa caliade acreditada levouno a ser habitual de festivais de teatro xestual e clown en todo o mundo e a súa traxectoria profesional abarca os últimos 25 anos.