DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O acto de graduación tivo lugar este luns coa participación do reitor da Universidade

A XIV promoción do ciclo intensivo do Programa de Maiores celebra o peche dunha etapa

Está formada por oito estudantes sénior

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Asociacións de Estudantes
  • Premios
  • Reitor
  • Estudantes
DUVI Ourense 27/11/2018

Este luns tivo lugar o acto de graduación da XIV promoción do ciclo intensivo do Programa Universitario de Maiores no campus de Ourense. Os oito estudantes que forman esta promoción celebraron acompañados de familiares, amigos e membros da comunidade universitaria o remate desta etapa académica. Entre eles estivo Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense; Alberto Vaquero, coordinador do Programa Universitario de Maiores do campus de Ourense e padriño da promoción, e Julia de la Montaña, madriña de promoción. “Os alumnos e alumnas do Programa de Maiores da Universidade de Vigo sodes persoas que buscades un coñecemento socrático, é dicir aprender por aprender, só pola simple realización persoal e humana. Fronte á opción cómoda que era quedarvos na casa, optastes por estudar, por vir a clase, por facer traballos, por participar. Debedes de sentirvos orgullosos”, díxolle Alberto Vaquero ás e aos homenaxeados.