DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Catro vicerreitoras, a xerenta e o vicerreitor de Pontevedra reuníronse con Carmela Silva

Xuntanza 'en clave feminina' coa Deputación de Pontevedra

A colaboración institucional e a igualdade foron algúns do temas abordados

Etiquetas
  • Medios
  • Pontevedra
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI Pontevedra 27/07/2018

Este venres catro vicerreitoras da Universidade de Vigo -María Consuelo Pérez, Natalia Caparrini, Mónica Valderrama e María Isabel Doval-, xunto coa xerenta, Raquel Souto,  e o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jorge Soto, reuníronse con Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. A colaboración institucional e a igualdade foron algúns do temas abordados nun encontro no que as vicerreitoras agradeceron a boa disposición do órgano provincial e amosaron o seu interese en incentivar a colaboración mutua. Na mesma liña, Carmela Silva fixo fincapé na importancia de contar coa Universidade na toma de decisións, subliñando entre outros aspectos a aposta da institución académica pola igualdade.