DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Entregados ao comedor social dos Pais Franciscanos

O XX Maratón Solidario de Zumba permite doar 200 quilos de alimentos

Reuniu un centenar de persoas no Pavillón Universitario

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 29/11/2024

Preto dun centenar de participantes e 200 quilos de alimentos non perecedoiros, que foron entregados ao comedor social dos Pais Franciscanos. Ese é o balance que deixa o XX Maratón Solidario de Zumba, que a Área de Benestar Saúde e Deporte da UVigo e a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promoven cada ano co obxectivo de combinar a práctica de actividade física coa solidariedade. Aberto á participación de toda a cidadanía, á que se lle solicitaba achegar o Pavillón Universitario cando menos un quilo de alimentos a modo de inscrición, este maratón contou novamente coa colaboración de Gadis e Coca-Cola, que achegaron bebidas, froita e barriñas enerxéticas as e os participantes. Ao longo de dúas horas, un equipo de monitores e monitoras coordinados por Bruno Hermida fíxolles moverse ao ritmo dunha serie de coreografías que combinan os exercicios aeróbicos e os pasos de baile, na que foi a 20 edición da que é xa unha cita fixa no calendario deportivo do campus nas semanas previas ao Nadal.