Acceso, preinscrición, admisión e matrícula nos graos da UVigo
Curso 2025/2026
Probas de acceso á universidade
As probas de acceso á universidade en Galicia, tanto para o bacharelato como para as persoas maiores de 25 e de 45 anos, están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), na que están representadas as tres universidades galegas.
Preinscrición
O prazo de preinscrición ordinaria no programa Nerta comeza o 13 de xuño e remata o 26 de xuño ás 14.00 horas.
Lembrámosvos que é obrigatorio preinscribirse antes de matricularse no prazo establecido pola CIUG. Recomendámosvos realizar a preinscrición nun ordenador, xa que os móbiles e as tabletas poden dar problemas.
Preinscrición da convocatoria ordinaria | do 13 ao 26 de xuño (ata as 14.00 h) |
Prazo límite para que o estudantado poida comunicar erros na gravación de datos (especialmente os erros nas cualificacións) | 1 de xullo (ata as 14.00 h) |
Preinscrición para as persoas tituladas (en cursos anteriores o no curso actual) | do 14 ao 21 de xullo (ata as 14.00 h) |
Preinscrición da convocatoria extraordinaria (persoas que non a solicitaron na ordinaria) | do 17 ao 21 de xullo (ata as 14.00 h) |
Solicitude de admisión (preinscrición) para estudantes que realizaron as PAU en setembro fóra de Galicia | do 22 ao 26 de setembro (ata as 14.00 h) |
Prazos relacionados coa matrícula
Para o estudantado admitido por preinscrición de primeiro curso por primeira vez
Lembrámosvos que é obrigatorio preinscribirse antes de matricularse no prazo establecido pola CIUG. Recomendámosvos realizar a preinscrición nun ordenador, xa que os móbiles e as tabletas poden dar problemas.
Para cada chamamento establécense dous días de matrícula (desde as 00.00 h do primeiro día ata as 23.59 h do segundo día) de acordo co seguinte calendario:
Chamamento | Publicación da listaxe | Prazo de matrícula |
1 | 8 de xullo | do 9 ao 10 de xullo |
2 | 14 de xullo | do 15 ao 16 de xullo |
3 | 18 de xullo | do 19 ao 21 de xullo |
4 | 24 de xullo | do 25 ao 28 de xullo |
5 | 29 de xullo | do 30 ao 31 de xullo |
6 | 3 de setembro | do 4 ao 5 de setembro |
7 | 10 de setembro | do 11 ao 12 de setembro |
8 | 24 de setembro | do 25 ao 26 de setembro |
9 | 10 de outubro | do 11 ao 13 de setembro |
Para o estudantado de continuación
Do 21 de agosto ao 12 de setembro de 2025
Outro estudantado
Formalización da matrícula
O estudantado de novo ingreso deberá preinscribirse antes de matricularse no prazo establecido pola CIUG. Recoméndase realizar a matrícula nun ordenador, xa que os móbiles e as tabletas poden dar problemas.
- Estudantes de continuación
- Convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para o curso 2025/2026
Modificación de matrícula
- 1.º prazo de modificación de matrícula de grao: do 22 ao 26 de setembro 2025.
- 2.º prazo de modificación de matrícula: do 19 ao 24 de febreiro de 2026.
Información sobre a solicitude de admisión nas titulacións de grao
Preguntas frecuentes (FAQ)
- Cada estudante poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que se desexa matricular, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
- É fundamental a orde de preferencia, posto que o estudantado será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que alcance a nota do último/a estudante admitido. Unha vez admitido/a nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
- Durante o período de matrícula, en cada chamamento, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).
- Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán as titulacións que teñan todas as prazas
esgotadas pola matricula da convocatoria ordinaria, ou aquelas que a CiUG, a vista da lista de espera, estimase que se esgotarán todas as prazas con solicitantes da convocatoria ordinaria. Tampouco se ofertarán prazas para as cotas de titulados universitarios, M25, M40 e M45. Ofertaranse as prazas non cubertas das cotas de Discapacitados e Deportistas. - As persoas solicitantes poderán presentar unha reclamación á súa asignación de prazas no prazo de dous días hábiles seguintes á publicación da listaxe correspondente. A reclamación, deberase facer a través do formulario que figurará na páxina web da CiUG. A CiUG valorará a solicitude e se o considera necesario poderá solicitar documentación complementaria para a axeitada valoración desta.
Máis información:
Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal
Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
988 801 949
asc-po@uvigo.gal