Acceso, preinscrición, admisión e matrícula nos graos da UVigo

Curso 2026/2027

UVigo - Comunicación 01/06/2026

As probas de acceso á universidade en Galicia, tanto para o bacharelato como para as persoas maiores de 25 e de 45 anos, están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), na que están representadas as tres universidades galegas.

 

 O prazo de preinscrición ordinaria no programa Nerta comeza o 12 de xuño e remata o 25 de xuño ás 14.00 horas.

​​​​​​Lembrámosvos que é obrigatorio preinscribirse antes de matricularse no prazo establecido pola CIUG. Recomendámosvos realizar a preinscrición nun ordenador, xa que os móbiles e as tabletas poden dar problemas.

 

Preinscrición da convocatoria ordinaria do 12 ao 25 de xuño (ata as 14.00 h)
Preinscrición para as persoas tituladas (en cursos anteriores o no curso actual) do 13 ao 20 de xullo (ata as 14.00 h)
Preinscrición da convocatoria extraordinaria (persoas que non a solicitaron na ordinaria) do 16 ao 20 de xullo (ata as 14.00 h)
Solicitude de admisión (preinscrición) para estudantes que realizaron as PAU en setembro fóra de Galicia do 21 ao 25 de setembro (ata as 14.00 h)

 

Para o estudantado admitido por preinscrición de primeiro curso por primeira vez

​​​​​​Lembrámosvos que é obrigatorio preinscribirse antes de matricularse no prazo establecido pola CIUG. Recomendámosvos realizar a preinscrición nun ordenador, xa que os móbiles e as tabletas poden dar problemas.

Para cada chamamento establécense dous días de matrícula (desde as 00.00 h do primeiro día ata as 23.59 h do segundo día) de acordo co seguinte calendario: 

Chamamento Publicación da listaxe Prazo de matrícula
1 7 de xullo do 8 ao 9 de xullo
2 14 de xullo do 15 ao 16 de xullo
3 21 de xullo do 22 ao 23 de xullo
4 24 de xullo do 25 ao 27 de xullo
5 29 de xullo do 30 ao 31 de xullo
6 2 de setembro do 3 ao 4 de setembro
7 9 de setembro do 10 ao 11 de setembro
8 23 de setembro do 24 ao 25 de setembro
9 9 de outubro do 10 ao 12 de outubro


Para o estudantado de continuación

Do 20 de agosto ao 11 de setembro de 2026


Outro estudantado

 

O estudantado de novo ingreso deberá preinscribirse antes de matricularse no prazo establecido pola CIUG. Recoméndase realizar a matrícula nun ordenador, xa que os móbiles e as tabletas poden dar problemas.

  • 1.º prazo de modificación de matrícula de grao: do 21 ao 25 de setembro 2026.
  • 2.º prazo de modificación de matrícula: do 15 ao 19 de febreiro de 2027.

 

 

 

Información de acceso

Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal

Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
986 801 949
asc-po@uvigo.gal

Información de matrícula 

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Edificio Exeria 
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 607 | 986 813 609
soporte.grao@uvigo.gal