28 DE XANEIRO, ÁS 12.00 H, A TRAVÉS DE UVIGOTV

Acto académico de San Tomé de Aquino 2022

UVigo - Comunicación 25/01/2022

A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a seguir o acto académico da festividade de San Tomé de Aquino a través da canle 1 de UVigo TV.

A cerimonia terá lugar o venres 28 de xaneiro, ás 12.00 h, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. No transcurso do acto entregaránse os Premios extraordinarios de grao, os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de mestrado, e os Premios extraordinarios de doutoramento correspondentes aos cursos 2019/2020 e 2020/2021.

Lembrámosvos que ese día permanecerán pechadas todas as instalacións dos tres campus.


Novas relacionadas

 

vídeo do acto

 

Máis información:

Secretaría do reitor
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 618
protocolo@uvigo.gal