Campaña de comunicación 2022
#SempreUVigo
«Sempre UVigo» é o título da nosa campaña para este 2022, un slogan que nos lembra que o espazo universitario é un punto de encontro en calquera etapa das nosas vidas.
Nas pezas audiovisuais quixemos reflectir, por unha banda, a importancia do sentimento de pertenza máis alá da época do grao e, por outra, que, nos tres campus, somos o fogar de toda a comunidade da Universidade de Vigo.
Persoas de diferentes idades cursan a nosa oferta formativa e iso plásmase nos planos dos vídeos, interpretados novamente por estudantes de diferentes centros propios. A invitación a esa aprendizaxe continua, así como a sensación de cordialidade nese camiño, entroncan coa liña argumental dos anos precedentes nos que falabamos de «medrar contigo» ou de «vivir UVigo».
Trátase de levar a institución alá onde vaiamos e de volver cando queiramos para continuar ese crecemento persoal e para buscar actividades novas de actualización de contidos que nos enchan.
Aquí estamos para ti, para evolucionar e avanzar en novos retos.
Coñece a campaña #SEmpreUVigo nas redes sociais da Universidade de Vigo (Facebook, Twitter, LinkedIn ou Instagram)!
Vídeo
Ver toda a serie
Adaptacións
Novas relacionadas
Máis información:
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal