#XERACIÓNUVIGO
Campaña de comunicación 2025
Cando o curso está a piques de rematar e os obxectivos superados, a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais lanza a nova campaña da UVigo co gallo das PAU 2025 para que o relevo na carreira universitaria quede garantido.
Na súa curta vida, a Universidade de Vigo xa é un referente polo pulo das nosas persoas en investigación e en transferencia, que van construíndo unha xeración importante para o desenvolvemento de Galicia cun selo inconfundible de superación e de innovación constante.
Cada un de nós ten o seu espazo no universo académico do que transcenden o orgullo e a marca. Na liña das edicións anteriores quixemos facer protagonista o estudantado propio e destacar o que fai, quedando patente o que é.
A comunicación cálida e institucional que define as pezas audiovisuais ten o acabado profesional das mans dun conxunto técnico da UVigo e unha mensaxe que pretende transmitir e expandir o sentimento de pertenza.
Tras o visionado dos audiovisuais, a pregunta é se ti tamén te sintes parte.
#XeraciónUVigo
Vídeos
Gráficas para descargar
Máis información:
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal