Congreso CoDi
A Universidade de Vigo e Ediciones Profesionales de la Información, SL organizan o Congreso de Divulgación, Transferencia e Impacto Social da Ciencia - CoDi os días 12, 13 e 14 de marzo de 2025 en Ourense.
A divulgación e a transferencia da ciencia, e o estudo do seu impacto na sociedade son cruciais na era contemporánea, onde o coñecemento científico avanza a pasos axigantados. A ciencia, ao ser un piar fundamental do progreso, non só moldea o noso entendemento do mundo, senón que tamén inflúe de maneira importante na sociedade no seu conxunto. A divulgación científica non só democratiza o acceso ao saber, senón que tamén fortalece a relación entre a comunidade científica e o público en xeral, impulsando a toma de decisións informadas.
É esencial comprender como as innovacións científicas afectan a sociedade, os seus valores e a súa estrutura. Un congreso dedicado a estes temas proporcionará un espazo para o intercambio de ideas, a análise crítica e a colaboración entre a comunidade científica, divulgadora e profesional de diversas disciplinas. A través deste evento, buscamos avanzar cara a unha comprensión máis profunda de como a ciencia pode contribuír positivamente ao benestar social e como podemos tratar os desafíos éticos e sociais que xorden no camiño do progreso científico.
Xustificación
Parece un momento adecuado para organizar este congreso, debido a que no mundo da ciencia vai calando cada vez máis a idea de que a sociedade, que cos seus impostos paga a investigación científica, ten o dereito para recibir os seus beneficios ou polo menos saber como e en que se investiron os seus diñeiros. A sociedade debe empoderase para ser tamén protagonista e influír nas decisións sobre que problemas son máis prioritarios investigar.
Os científicos e científicas van sendo conscientes de que, ademais de dar a coñecer os resultados das súas investigacións aos seus colegas, a través de revistas e congresos, tamén deben transmitilos e explicalos ao público, ou polo menos saben que o teñen como unha materia pendente.
Tan importante como a divulgación en si, é a medición do seu impacto na sociedade. Por iso, o congreso busca a participación dos expertos e expertas en indicadores informétricos e altmétricos que poidan achegar as súas metodoloxías.
Obxectivos
- Fomentar o intercambio de coñecementos científicos entre expertos e expertas.
- Promover a divulgación científica entre a comunidade académica e o público en xeral.
Temáticas
- Investigación e traballos conceptuais sobre comunicación, transferencia, difusión e divulgación da ciencia.
- Como afectan a impacto social da ciencia o xénero, a etnia, a discapacidade, a colaboración internacional, a ética na investigación, a educación, a alfabetización, as desigualdades socioeconómicas…
- Impacto social como dimensión clave da reforma da avaliación da ciencia.
- Indicadores e métodos para medir o impacto.
- Consecución de obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
- Redución das fendas existentes.
- Ciencia cidadá e involucración da cidadanía. Percepción cidadá da ciencia.
- Proxectos concretos de transferencia con empresas e colectivos diversos.
- Estratexias para mellorar a divulgación.
- Papel dos medios de comunicación e as redes sociais.
- Difusión de resultados e impacto de audiencias amplas en canles audiovisuais como YouTube, Instagram ou TikTok.
- Rol das distintas canles non científicas: métodos informais de divulgar e de transferir a ciencia.
- Estratexias e métodos orixinais para mellorar a comunicación, transferencia, difusión e divulgación da ciencia.
- Ética na difusión e na comunicación da investigación.
- Aplicacións da IA xenerativa para a produción de contidos multimodais de divulgación e de difusión de resultados de investigación.
- Divulgación e transferencia como elementos nucleares da ciencia aberta.
- Inclusión da divulgación e da transferencia na redacción de proxectos de investigación para convocatorias competitivas.
- Políticas nacionais.
- Impacto da ciencia en políticas e normativas públicas.
Consello científico
Na seguinte ligazón podes consultar a composición do consello científico do Congreso de Divulgación, Transferencia e Impacto Social da Ciencia - CoDi:
Comité organizador
A continuación atoparás a composición do comité organizador local:
Organización
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal
Ediciones Profesionales de la Información, SL