CENTRO DE POSGRAO E FORMACIÓN PERMANENTE

Convocatoria para o financiamento de microcredenciais universitarias

Prazo aberto

UVigo - Comunicación 16/05/2025

Xa está aberta a convocatoria de axudas para financiar a produción e a impartición de microcredenciais universitarias destinadas a cubrir as necesidades de recualificación e a mellora a empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos. 

O Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias está financiado pola Xunta de Galicia a través de fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU.

Este convenio permitiralle á Universidade de Vigo ofertar 1548 prazas correspondentes a 26 accións formativas diferentes ata o verán de 2026 cun financiamento de aproximadamente o 70 %. 

Con esta oportunidade de colaboración entre a universidade e a contorna social e empresarial, as empresas, entidades e asociacións, poderán enviar unha declaración de interese sobre as necesidades formativas do seu persoal ao Centro de Posgrao e Formación Permanente, e será a través do persoal docente e investigador (PDI) da Universidade de Vigo como se formalicen as solicitudes. 

As solicitudes de microcredenciais que cumpran coas condicións desta convocatoria poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2025 ou ata que se esgoten os fondos dispoñibles no Plan Microcreds.
 

Logotipos da institucións que financian as microcredenciais

 

Máis información

 

Novas relacionadas

Centro de Posgrao e Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
cpfp@uvigo.gal