REITORÍA E CLAUSTRO
Eleccións 2022
Resultados provisionais
Campaña electoral
De acordo co calendario electoral, do 19 de abril ao 2 de maio desenvolverase a campaña das eleccións á Reitoría do vindeiro día 4 de maio.
Na seguinte ligazón pódese consultar a información de H2040, a única candidatura presentada neste proceso e encabezada por Manuel Reigosa así como a axenda das visitas ás escolas e ás facultades dos tres campus:
Coñeces as datas clave das eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario? Se es estudante, PDI ou PAS, velaquí a información e o calendario que debes ter en conta para participar activamente nas eleccións.
Calendario
- 18/2/2022: publicación dos censos provisionais
- do 21/2/2022 ao 25/02/2022: prazo de reclamación aos censos provisionais
- 11/3/2022: publicación dos censos definitivos
- do 14/3/2022 ao 18/03/2022: prazo de presentación de candidaturas
- 28/3/2022: proclamación provisional de candidaturas
- do 29/3/2022 ao 31/03/2022: prazo de reclamacións ás candidaturas provisionais
- 5/4/2022: proclamación definitiva de candidaturas
- 6/4/2022 ao 13/04/2022: presentación do equipo e liñas xerais do programa*
- do 19/4/2022 ao 2/5/2022: campaña electoral
- 3/5/2022: xornada de reflexión
- 4/5/2022: votación
- 5/5/2022: proclamación provisional de resultados
- do 6/5/2022 ao 10/5/2022: prazo de reclamación aos resultados provisionais
- 11/5/2022: proclamación definitiva de resultados
- 23/5/2022: votación (en segunda volta, se procede)*
- 24/5/2022: proclamación provisional de resultados*
- do 25/5/2022 ao 27/05/2022: prazo de reclamación aos resultados provisionais*
- 30/5/2022: proclamación definitiva de resultados*
(*) Datas correspondentes só ás eleccións á Reitoría
Avisos
- Proclamación definitiva de resultados das eleccións á Reitoría e ao Claustro Universitario (11/5/2022)
- Proclamación definitiva de candidaturas ás eleccións á Reitoría e ao Claustro Universitario (5/4/2022)
- Proclamación provisional de candidaturas e anuncio do prazo de reclamacións do 29 ao 31 de marzo de 2022 (28/3/2022)
- Apertura do prazo de presentación de candidaturas ás eleccións á Reitoría e a representantes no Claustro Universitario (14/3/2022)
- Publicacións dos censos definitivos e anuncio do prazo para presentar candidaturas a ambos os procesos electorais do 14 ao 18 de marzo de 2022 (11/3/2022)
- Acordos tomados pola Comisión Electoral na súa sesión ordinaria do 8 de marzo de 2022 (11/3/2022)
- Fin do prazo de reclamación aos censos provisionais (24/02/2022)
- Información da Secretaría Xeral sobre o procedemento de reclamacións aos censos provisionais (21/2/2022)
Novas do Duvi
- O novo Claustro estará integrado por 228 persoas (6/5/2022)
- Manuel Reigosa revalida o cargo de reitor da UVigo cun 72 % de votos a favor (4/5/2022)
- Reigosa remata a campaña co obxectivo de acadar un “apoio forte” que demostre “que representamos lexitimamente á comunidade universitaria” (2/5/2022)
- Manuel Reigosa comprométese a loitar pola creación dun “minicampus na ETEA” (25/4/2022)
- H2040 arranca a campaña electoral no campus de Ourense apostando por reforzar as súas titulacións e infraestruturas (21/4/2021)
- Manuel Reigosa avoga no inicio da súa campaña en Vigo por acadar un campus con máis vida (20/4/2022)
- Reigosa inicia en Pontevedra a campaña electoral sinalando o relevo xeracional como “primeira urxencia” da Universidade (19/4/2022)
- Catro profesoras dos tres campus reforzan a candidatura de Manuel Reigosa á reitoría (8/4/2022)
- Manuel Reigosa, único candidato ás eleccións a reitor do 4 de maio (28/3/2022)
- Preto de 20.500 membros da comunidade universitaria poderán elixir o vindeiro reitor da UVigo (18/2/2022)
- 4 maio de 2022, a data na que a UVigo elixirá novo reitor e representantes no Claustro (1/2/2022)
Vídeo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11 de maio de 2022.
Máis información:
Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 614
cosecxeral@uvigo.gal