Proposta de traslado dalgúns títulos ao centro de Vigo

Enquisa ao PDI, ao PAS e ao estudantado dos centros docentes de Vigo

UVigo - Comunicación 18/05/2021

A Universidade de Vigo convida o PDI, o PAS e o estudantado das facultades e das escolas do campus de Vigo a responder unha breve enquisa relacionada coa proposta de traslado dalgunhas das titulacións ao centro de Vigo. 

Unha vez xurdida a posibilidade de dispoñer de espazos na cidade de Vigo, o reitor comunicoulle ao Claustro que unha comisión elaboraría esta consulta anónima, dirixida por separado a cada un dos colectivos que conforman a comunidade universitaria (PDI, PAS e estudantado) de cada un dos centros actuais do campus das Lagoas, Marcosende, para poder decidir sobre esta cuestión transcendental co maior fundamento e consenso posibles. 

O reitor tamén informou de que a decisión final requirirá en cada caso dunha maioría de persoas proclives ao cambio, xunto co pronunciamento favorable da correspondente xunta de centro.

Finalmente, propóñense os espazos dispoñibles en Teis para as titulacións do ámbito científico, mentres que os de Peniche quedarían para o resto, en principio.

Na seguinte ligazón achégase máis información sobre os posibles espazos situados na cidade de Vigo: 17.000 m2 en López Mora e nos antigos xulgados (Peniche) así como 20.000 m2 na ETEA (Teis).

Moitas grazas pola vosa participación. 

Enquisa

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal