COMUNIDADE ALUMNI UVIGO

Entrega de premios e encontro

13 de xullo de 2022

UVigo - Comunicación 06/07/2022

Canto tempo hai que non vés á túa universidade e percorres algún dos seus campus?

Agora que a comunidade Alumni-UVigo comezou a súa andadura, encantaríanos que volveses á que foi a túa casa na época de estudante ou que aínda o segue a ser, se temos a sorte de contar coa túa achega diaria como docente ou persoal de administración.

Estamos a organizar dun xeito moi especial o primeiro encontro e entrega dos Premios Alumni-UVigo 2022, que terá  lugar o 13 de xullo de 2022, ás 18.30 h, no campus de Vigo.

O evento comezará coa entrega de premios de distintas categorías para recoñecer o labor dalgúns dos moitos antigos alumnos e alumnas que, sen dúbida, merecen tal distinción e que son un exemplo e un estímulo para o alumnado actual e futuro.

A continuación, e grazas ao apoio das entidades patrocinadoras, gozaremos duns petiscos riquísimos na “Alumni-UVigo food truck” e crearemos un espazo no que poder reencontrarte con antigas amizades, alumnado e profesorado.

Como remate deste evento de talento, inspiración e reencontro, teremos a actuación dun grupo musical para poñer o peche de ouro a unha xornada chea de vivencias!

Agardámoste!
 

programa e inscrición

 

 

Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal