DESCUBRE TODAS AS VANTAXES

Es deportista de elite?

UVigo - Comunicación 08/07/2022

Se ademais estás cursando estudos oficiais de grao ou posgrao na Universidade de Vigo ou tes pensado inicialos no vindeiro curso, rexístrate como deportista de elite e goza de todos os teus dereitos:

  • Elección do horario, quenda ou grupo
  • Xustificación de faltas de asistencia das sesións lectivas
  • Flexibilización do calendario de exames
  • Programas específicos de atención e de axuda para facilitar a conciliación dos estudos cos adestramentos e a práctica deportiva
  • Obtención do recoñecemento de ata 6 créditos ECTS
  • Reserva non inferior ao 5 % en prazas das residencias universitarias
  • Acceso gratuíto ás nosas instalacións deportivas

No Estatuto do estudantado deportivo da Universidade de Vigo poderá consultar os requisitos para adquirir estes dereitos e coñecer toda a información.

Rexístrate a través do Campus Activo e non dubides en expoñernos as túas dúbidas a través das RRSS de mUVers!

 

Máis información:

Área de Benestar, Saúde e Deporte
Edificio Deportes
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 182
deportes@uvigo.gal

Instagram