OBRADOIROS INTERACTIVOS

Expofeira científica en Baiona

29 de maio, no mercado-multiusos de Sabarís

UVigo - Comunicación 28/05/2026

O venres 29 de maio, o Mercado de Sabarís, en Baiona, acolle a expofeira científica «A ciencia que vén». 

Este evento, organizado pola Unidade de Cultura Cientica e da Innovación, pretende achegarlle a ciencia e a investigación da Universidade de Vigo á cidadanía dun xeito lúdico e participativo.

Ao longo da xornada, poderanse visitar arredor de 20 obradoiros interactivos.

En horario de mañá, a feira recibirá a visita do alumnado de 5.º e 6.º de primaria dos centros educativos do concello. Pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas, a cita está aberta a todas as familias, con entrada libre e gratuíta. 

Convidámosvos a gozar dunha tarde diferente e chea de curiosidades científicas!

Programa

Novas:

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal