Luns 28 de xaneiro, ás 12.00 h

Na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

UVigo - Comunicación / Universidade 24/01/2019

O luns 28 de xaneiro, ás 12.00 h, o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle a celebración do acto académico da festividade de San Tomé de Aquino, no que se entregarán os premios extraordinarios de grao, fin de carreira e doutoramento correspondentes ao curso 2017/2018; Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster e os Premios de excelencia académica de grao e máster ao alumnado de novo ingreso do curso 2018-2019.

Para asistir ao acto, solicítase confirmación de asistencia antes das 14.00 h do día 25 de xaneiro no teléfono 986 813 618 ou no enderezo electrónico protocolo@uvigo.es.

Lémbrase que o día 28 de xaneiro ten carácter festivo e que permanecerán pechados todos os centros da Universidade de Vigo.
 

Máis información