PRIMEIRO CUADRIMESTRE 2024/2025

Formación permanente da UVigo

Matrícula aberta

UVigo - Comunicación 01/08/2024

Xa está aberta a preinscrición e a matrícula do catálogo de formación permanente para o primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025.

A oferta inclúe mestrados propios, títulos de especialista e cursos de curta duración para persoas con ou sen titulación universitaria.

En total, ofértanse máis dunha vintena de programas formativos que nacen das demandas sociais e da colaboración con empresas e entidades externas, xa que boa parte dos títulos contan coa participación de profesionais experimentados e de recoñecido prestixio que achegan valor engadido á formación e unha visión global da empresa.

Máis información

 

 

Máis información:

Centro de Posgrao e Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
cpfp@uvigo.gal