Preinscrición, admisión e matrícula
Graos 2021/2022
Prazos de preinscrición
Prazos de preinscrición
Todos os prazos finalizan ás 14.00 h do día da fin do prazo indicado
Preinscrición | Convocatoria ordinaria de xuño | Convocatoria extraordinaria de xullo |
Anticipada | do 16 ao 30 de xuño | do 22 ao 28 de xullo |
Ordinaria | do 22 ao 30 de xuño | |
Titulados/as universitarios(1) | do 9 ao 30 de xullo | |
Extraordinario de modificación de preinscrición(2) | do 24 ao 26 de xullo |
(1) da convocatoria ordinaria de 2021 que teñan feito o depósito do título
(2) estudantado que estea na listaxe de agarda e que non fora convocado á matricula en ningunha das titulacións solicitadas despois dos catro primeiros chamamentos
Preinscrición
Lembrámosche que a solicitude de acceso deberá facerse a través da plataforma de preinscrición NERTA.
Se tes calquera dúbida ou precisas información adicional, envíanos un correo ou chámanos por teléfono de 9.00 a 14.00 h. Ante a situación creada pola covid-19 e co fin de garantir a seguridade do persoal de administración e servizos, a do resto dos membros da comunidade universitaria e a da cidadanía en xeral, lembrámosche que é necesario pedir unha cita para que poidamos atenderte de forma presencial nas nosas instalacións
Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal
Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
988 801 949
asc-po@uvigo.gal
Prazos de matrícula para o alumnado admitido
Todos os prazos de matrícula indicados a continuación inician ás 00.01 h do primeiro día e finalizan ás 23:55 h do día da fin do prazo indicado
ABAU ordinaria
Quenda | Listaxe de admisión | Prazo de matrícula** |
1.º | 8 de xullo | do 9 ao 12 de xullo |
2.º | 14 de xullo | 15 e 16 de xullo |
3.º | 20 de xullo | 21 e 22 de xullo |
4.º | 23 de xullo | do 24 ao 27 de xullo |
5.º | 29 de xullo | do 30 de xullo ao 2 de agosto |
6.º | 3 de agosto | 4 e 5 de agosto |
7.º | 6 de agosto | de 7 ao 10 de agosto |
8.º | 11 de agosto | 12 e 13 de agosto |
** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listaxes
ABAU extraordinaria
Quenda | Listado de admisión | Prazo de matrícula** |
5.º | 29 de xullo | do 30 de xullo ao 2 de agosto |
6.º | 3 de agosto | 4 e 5 de agosto |
7.º | 6 de agosto | do 7 ao 10 de agosto |
8.º | 11 de agosto | 12 e 13 de agosto |
** En cada prazo de matrícula cómpre reconfirmar o interese de continuar nas listaxes
Cota de reserva para os colectivos
Colectivo | Porcentaxe |
Persoas tituladas universitarias | 1 % |
Persoas discapacitadas (igual ou superior ao 33%) | 5 % |
Deportistas de alto nivel ou de alto rendemento | 3 % (será un 8 % en Fisioterapia e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte) |
Deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas, árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo | 2 % (Ciencias da Actividade Física e do Deporte adicional ao cupo anterior) |
Maiores de 25 anos | 2 % |
Maiores de 45 anos | 2 % |
Información sobre a solicitude de admisión nas titulacións de grao
Preguntas frecuentes (FAQ)
- Cada estudante poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que se desexa matricular, puidendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
- É fundamental a orde de preferencia, posto que o estudantado será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que alcance a nota do último/a estudante admitido. Unha vez admitido/a nunha titulación, o resto das titulaciones solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
- É imprescindible indicar correctamente o código das titulacións e as que se solicita acceso, xa que a asignación de prazas se leva a cabo informaticamente a partir deste código que indica o nome da titulación e o campus onde se imparte.
- Lembra que, cómpre confirmar a túa lista de agarda despois da publicación de cada lista de admitidos durante o prazo de matrícula establecido para esa quenda. De non facelo, liberaranse as prazas en todas as titulacións solicitadas con estado «en agarda».
- Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que a Ciug considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.
- O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas por correo electrónico dirixida ao presidente da Ciug a través do enderezo electrónico ciug@ciug.gal. A resolución da reclamación correspóndelle á Ciug e asinaraa a persoa delegada do reitor da universidade na que se imparte a ensinanza universitaria obxecto da reclamación. O resultado comunicaráselle á persoa interesada a través dos listados de asignación de prazas ou dunha notificación e indicarase, no seu caso, o prazo para matricularse.
Máis información
Toda a información que precisas sobre o procedemento de admisión está dispoñible na web da Ciug (calendario de preinscrición, lugares de entrega e de recollida de documentación etc.)
As persoas admitidas para iniciar estudos nunha titulación de grao da Universidade de Vigo, deberán realizar os trámites de matrícula a través da páxina web da Universidade de Vigo:
Sabes o que queres estudar?
Na Universidade de Vigo temos unha gran variedade de estudos organizados en distintos ámbitos de coñecemento. Poderás descubrilos no buscador de estudos de grao, no que atoparás toda a información relevante (número de prazas, saídas profesionais, notas de corte, prezos etc.) e no que poderás realizar as túas buscas por ámbito ou por campus:
Máis información:
Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal
Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
988 801 949
asc-po@uvigo.gal