PROBAS DE ACCESO, PREINSCRICIÓN, ADMISIÓN E MATRÍCULA

Graos 2023/2024

UVigo - Comunicación 30/05/2023

Prazo de matrícula de continuación en estudos de grao

Do 23 de agosto ao 25 de setembro de 2023

 

As probas de acceso á universidade en Galicia están organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), na que están representadas as tres universidades galegas.

A continuación ofrecémosche información sobre as probas da avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), as probas para as persoas maiores de 25 e de 45 anos e as probas específicas xunto con todas as xestións asociadas:

Saber máis

1.º prazo de modificación de matrícula de grao: do 27 de setembro ao 2 de outubro de 2023.

Preguntas frecuentes (FAQ)

  • Cada estudante poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará -por orde de preferencia- ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que se desexa matricular, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.
  • É fundamental a orde de preferencia, posto que o estudantado será admitido nunha única titulación, que será aquela de maior preferencia na que alcance a nota do último/a estudante admitido. Unha vez admitido/a nunha titulación, o resto das titulacións solicitadas de menor preferencia eliminaranse automaticamente da lista de agarda.
  • Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos). 
  • Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán as titulacións que teñan todas as prazas
    esgotadas pola matricula da convocatoria ordinaria, ou aquelas que a CiUG, a vista da lista de espera, estimase que se esgotarán todas as prazas con solicitantes da convocatoria ordinaria. Tampouco se ofertarán prazas para as cotas de titulados universitarios, M25, M40 e M45. Ofertaranse as prazas non cubertas das cotas de Discapacitados e Deportistas. 
  • Os solicitantes poderán presentar reclamación á súa asignación de prazas no prazo de tres días hábiles seguintes á publicación da listaxe correspondente. A reclamación, deberase facer a través do formulario que figurará na páxina Web da CiUG: https://ciug.gal/gal/admision-sug. A CiUG valorará a solicitude e se o considera necesario poderá solicitar documentación complementaria para a axeitada valoración desta.

 

 

Máis información:

Campus de Vigo
986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal

Campus de Ourense
988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
988 801 949
asc-po@uvigo.gal