Hackathon OdiseIA4Good 2026
Inscricións ata o 20 de xaneiro
Xa están abertas as inscricións ao Hackathon OdiseIA4Good 2026, unha iniciativa internacional impulsada polo Observatorio do Impacto Ético e Social da Intelixencia Artificial, co respaldo de Google.org e da Fundación Pablo VI e coa colaboración educativa da Universidade de Vigo.
Obxectivo
Deseñar solucións de intelixencia artificial orientadas a resolver problemáticas que afectan colectivos vulnerables: persoas maiores; nenos e nenas e mozos e mozas en risco; persoas migrantes e refuxiadas; persoas con discapacidade; e comunidades afectadas polo cambio climático ou por destastres naturais.
Quen pode participar
O hackathon está dirixido a todas as persoas maiores de idade ou as organizacións comprometidas co uso da intelixencia artificial para xerar impacto social positivo en colectivos vulnerables: estudantes; investigadores e investigadoras; emprendedores, empresas e start-ups; profesionales; entidades sociais, asociacións e ONG; e administracións públicas.
Como participar
- Inscríbete individualmente ou en equipo (ata oito persoas)
Podes representar unha organización ou participar a título persoal. - Presenta o teu proxecto na web oficial
Terás que describir o proxecto e como a IA é a base da túa solución. - Supera a fase de selección
O xurado valorará a innovación, o impacto social, a viabilidade técnica e a claridade. - Se es finalista, empezará a verdadeira experiencia
Accederás a mentorías, obradoiros e guía personalizada para fortalecer o teu proxecto. - Final presencial (en Madrid, do 23 ao 25 febrero de 2026)
Tres días intensivos de traballo, conferencias e acompañamento experto. - Elevator pitch + demostración + voto aberto
A túa solución será avaliada por especialistas en IA, por entidades sociais e polo público.
Calendario
Inscricións: ata o 20 de xaneiro de 2026
Selección das propostas finalistas: 26 de xaneiro de 2026
Gran final presencial: do 23 ao 25 de febreiro de 2026
Inscrición
Antes de completar a túa inscrición, recomendámosche consultar a guía rápida de participación e ler as bases legais do hackathon.
Animámoste a participar!
Novas
Se precisas máis información, podes enviar un correo electrónico a contacto@odiseia4good.org




