PREMIOS AO ALUMNADO CON MELLORES EXPEDIENTES DE ACCESO Á UNIVERSIDADE E AOS SEUS CENTROS

MEGAU 2025

UVigo - Comunicación 25/04/2025

A Universidade de Vigo comprácese en acoller o acto de homenaxe ao estudantado cos mellores expedientes de Galicia nas probas de acceso á universidade (PAU 2025) organizado polas tres universidades públicas galegas en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. 

A cita será o venres 20 de xuño de 2025, de 16.00 a 20.00 h, no Complexo Deportivo das Travesas de Vigo (Avda. de Castrelos 1 36210 Vigo).

  • MEGAU 2025 ten como finalidade homenaxear o estudantado cunha nota igual ou superior a 9 na súa cualificación final de acceso á universidade, así como o centro onde desenvolveu os seus estudos de bacharelato.
  • Reservaranse asentos na pista para o estudantado premiado e para unha persoa representante do seu centro que subirán ao escenario para seren homenaxeados polo seu éxito. 
  • O alumnado poderá vir acompañado pola súa familia que será acomodada nas bancadas do pavillón.
  • O acto retransmitirase en grandes pantallas e en directo e realizarase unha ampla reportaxe fotográfica profesional que se poderá descargar no propio día do evento. 

Programa

16.00 - 17.30 h Recepción das persoas e dos centros homenaxeados, entrega de credenciais e acceso ao photocall profesional
18.00 h Benvida
19.00 h Subida ao escenario do estudantado e dos centros premiados
20.00 h Peche do acto

 

A partir do 12 de xuño contactarase por correo co estudantado premiado e cos seus centros para indicarlles como inscribirse no acto e informalos sobre o seu desenvolvemento.

Esta páxina actualizarase a medida que se dispoña de nova información e que se aproxime a data do evento.

Información: megau@uvigo.gal 

 

Organización

Logotipo da Universidade de Vigo

Logotipo da Universidade da Coruña

Logotipo da Universidade de Santiago de Compostela

Logotipo da Xunta de Galicia

 

 

 

Colaboración

Logotipo do Concello de Vigo

Logotipo do Consello Social da UVigo