PARA TODA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA
Mobilidade autónoma
Servizo de balde
Nova ruta do vehículo autónomo
Do 29 de abril ao 10 de maio o servizo prestado polo vehículo autónomo interromperase para poñer en marcha unha nova ruta e un novo horario. O novo percorrido será de ida e volta e comezará a funcionar o 11 de maio.
Horario (de luns a venres)
- Do 11 de maio ao 5 de xuño: de 10.00 a 14.00 h e de 15.00 a 17.00 h
- Do 8 de xuño ao 10 de xullo: de 8.30 a 14.30 h
Paradas
Biblioteca Central > Edificio Exeria > Escola de Enxeñaría de Telecomunicación > Cintecx > Edificio de Ciencias Experimentais > Citexvi > Pavillón deportivo > Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais > Citexvi > Edificio de Ciencias Experimentais > Cintecx > Escola de Enxeñaría de Telecomunicación > Edificio Exeria > Biblioteca Central
O vehículo autónomo da UVigo ofrece unha liña que conecta distintos edificios do campus de Vigo. O servizo é de balde e pode empregalo toda a comunidade universitaria. O itinerario é circular é pódese subir e baixar en calquera das paradas ao longo do percorrido.
O vehículo conta cunha capacidade para oito persoas e foi desenvolvido a través dun proxecto da Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) co impulso da Xunta de Galicia.
Anímaste a probalo? Só tes que revisar o mapa para identificar a parada máis próxima ao teu destino e consultar a localización do vehículo en tempo real na seguinte ligazón.
Paradas
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Edificio Exeria
Biblioteca
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Citexvi
Edificio Ciencias Experimentais
Escola de Enxeñaría Industrial
Horario
- De luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas.
O vehículo non estará operativo os seguintes días festivos: 19 de marzo, 2 e 3 de abril, 1 de maio e 24 de xuño.
Sorteo
O estudantado e o persoal que valoren o servizo do vehículo autónomo da UVigo poderán gañar un patinete eléctrico.
Recursos para descargar
Novas
- Arranca no campus o programa piloto do coche autónomo conectado (Duvi, 04/02/2026)
- Vigo convértese no primeiro campus español en dispor dun servizo de vehículo autónomo conectado (Duvi, 22/01/2026)




