Peche temporal das instalacións do campus de Ourense
23 de xaneiro
A Universidade de Vigo acorda suspender a actividade presencial docente, investigadora e administrativa no campus de Ourense e o peche das súas instalacións para o venres 23 de xaneiro, á vista das advertencias emitidas por MeteoGalicia e pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que sitúan a provincia de Ourense en aviso laranxa por fortes ventos, precipitacións intensas e risco de incidencias asociadas ao temporal Ingrid.
- Resolución reitoral do 22 de xaneiro de 2026 pola que se acorda o peche temporal das instalacións do campus de Ourense
- O campus de Ourense suspende a súa actividade presencial e pecha as súas instalacións este venres ante as previsións de temporal (Duvi, 22/1/2026)




