CIENCIA DE IDA E VOLTA

Plan de actividades 2021/2022 da UCC+i

UVigo - Comunicación 29/11/2021

Presentámosvos 'Ciencia de ida e volta', o plan anual de actividades 2021/2022 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo.

Este plan conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e está integrado por accións que supoñen un regreso á presencialidade despois das dificultades, cambios e cancelacións do ano 2020.

O obxectivo xeral do proxecto é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía, en xeral.

Para logralo, a UCC+i realizará diferentes actividades para poñer en valor e difundir as investigacións realizadas desde a Universidade de Vigo e que se converterán nunha canle de comunicación accesible e activa que sirva de aproximación entre as distintas partes.

O concepto 'ida e volta' trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigacións científicas poden aplicarse na sociedade e mellorar a súa contorna, e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.

As actividades serán as seguintes:

  • Formación para o persoal investigador
  • Exposición itinerante “100 lunas cuadradas”
  • Concurso de vídeos
  • 11F na UVigo
  • Feira científica
  • Podcasts
  • Vídeos divulgativos
  • Embaixadores da ciencia e do coñecemento
  • Obradoiro de astronomía

 

Web de Ciencia de Ida e Volta

 

Novas relacionadas:

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal