Portal da investigación da Universidade de Vigo

UVigo - Comunicación 19/03/2025

Desenvolvido pola Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación coa colaboración da Fundación Dialnet, o portal permite realizar buscas do persoal investigador e dos grupos mediante palabras clave asociadas ás súas publicacións e proxectos de investigación.

O portal tamén ofrece un acceso estruturado á produción científica da UVigo, organizando artigos, libros, patentes, teses e redes de colaboración, ademais de presentar indicadores bibliométricos e mapas de colaboración internacional.

A actualización automática con datos de fontes como Scopus, Web of Science e Dialnet garante información precisa sen necesidade de xestión manual, facilitando así a xestión do perfil investigador e a visibilidade da produción científica.

Con máis de 2277 investigadores/as, 177 grupos de investigación e 64 879 de publicacións, esta ferramenta permite consultar de forma áxil e sinxela toda a información relacionada coa actividade científica da universidade, contribuíndo á colaboración científica e á transferencia do coñecemento.

Portal da investigación

 

Máis información:

Biblioteca Central
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
portalcientifico@uvigo.gal