PARA TODA A COMUNIDADE

Portas abertas do edificio Redeiras

UVigo - Comunicación 29/10/2021

Co gallo da posta en marcha das instalacións do edificio Redeiras, a Universidade de Vigo organiza unhas visitas para toda a comunidade.

Os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de novembro pola tarde, o estudantado, o PAS e o PDI poderán coñecer este novo espazo situado na praza do Berbés de Vigo.

As visitas realizaranse entre as 16.00 e a 19.30 h en quendas de 30 minutos con grupos de máximo  30 persoas.

Para participar nas visitas, cómpre inscribirse a través do seguinte formulario:

Solicitude de cita