INSCRICIÓNS EN CAMPUS ACTIVO

Programación de rutas culturais da UVigo

1.º cuadrimestre

UVigo - Comunicación 18/10/2024

A Área de Benestar, Saúde e Deporte organiza rutas de sendeirismo con diversos niveis de dificultade dirixidas a todas as persoas interesadas tanto no exercicio físico como no coñecemento do noso patrimonio natural e cultural. 

No primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025 haberá catro andainas:

  • 26 de outubro: Roteiro de praias de Portugal (Caminha-Portugal).
  • 9 de novembro: Cultura e natureza (Montederramo-Macizo Central).
  • 30 de novembro: Camiño patrimonial e etnográfico (Silleda-Terras do Deza)
  • 14 de decembro: Sendeirismo saudable (Nogueira de Ramuín-Ribeira Sacra). 

Inscricións en campus activo

 

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal