Unidade de Cultura Científica e da Innovación

Que facemos?

Coñece o Grupo de Novos Materiais

UVigo - Comunicación 05/02/2020

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) presenta un novo vídeo da serie «Que facemos?».

Desta vez, trátase dunha peza protagonizada polo investigadores Pío González, Julia Serra e Stefano Chiussi do Grupo de Novos Materiais, no que traballan con técnicas láser, procesos térmicos e impresoras 3D co fin de conseguir biomateriais que sexan compatibles co corpo humano.

A estrea deste vídeo coincide cunha boa nova, pois a Universidade de Vigo e a multinacional médica Ziacom acaban de asinar un acordo que lle permitirá á empresa española comercializar un biomaterial para rexeneración ósea deseñado ao abeiro do proxecto Biofast, impulsado por este grupo de investigación.

O vídeo está dispoñible nos perfís en redes sociais da UCC+i (YouTube, Facebook, Instagram, LinkedIn e Twitter) e animámosvos a compartilo para lograr a súa máxima difusión.
 
 

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es