Para o estudantado de 2.º, 3.º e 4.º de grao

Repartición de carpetas e de axendas

UVigo - Comunicación 29/10/2020

Logo de entregarlle as carpetas do curso 2020/2021 ao alumnado de primeiro nas xornadas de benvida, iniciamos a repartición dun novo lote de carpetas e de axendas con información académica e dos nosos servizos.

Este ano, grazas á colaboración do Consello Social, podemos ampliar a entrega deste material ao estudantado de segundo, terceiro e cuarto curso de grao. 

Nos seguintes centros, contaremos coa axuda das delegacións de estudantes onde se poderá recoller este material en función dos seus horarios de atención:

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
  • Escola de Enxeñería Industrial 
  • Escola Universitaria de Estudos Empresariais
  • Facultade de Filoloxía e Tradución
  • Facultade de Ciencias do Mar
  • Facultade de Química
  • Facultade de Bioloxía
  • Facultade de Belas Artes
  • Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
  • Escola de Enxeñaría Forestal
  • Facultade de Fisioterapia
  • Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
  • Facultade de Historia
  • Facultade de Dereito
  • Escola Superior de Enxeñaría Informática
  • Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

No resto de escolas e de facultades, instalaremos mesas informativas para repartir as carpetas e as axendas.

Informarémosvos das datas e dos horarios de recollida así como de calquera cambio a través da web institucional e das nosas redes sociais.

A distribución realizarase  durante o mes de novembro por orde de chegada e ata fin de existencias. 

Moitas grazas ás delegacións de estudantes e a todos os centros pola súa colaboración!

 

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal

Consello Social
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 663
secoso@uvigo.gal