TODOS OS GRAOS A TRAVÉS DE CAMPUS REMOTO

Semana Virtual de Portas Abertas na UVigo

Do 9 ao 13 de xuño

UVigo - Comunicación 20/05/2025

A UVigo convídate á súa Semana Virtual de Portas Abertas. Do 9 ao 13 de xuño poderás resolver as dúbidas concretas que teñas sobre os graos que conforman a oferta académica da Universidade de Vigo. 

Para participar, só é necesario consultar o programa e premer nas ligazóns dos graos que che interesen para acceder á sesión en liña.

Programa

 

Máis información:

Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal